Novas destacadas
AIEG,
dende 1995
En xullo de 1995, un grupo de inspectores e inspectoras de educación de Galicia decidiron crear unha asociación coa finalidade de contribuír á formación dos profesionais e das profesionais destinados no Servizo da Inspección Educativa, intercambiar experiencias e promover a investigación no campo da organización e da administración educativa en xeral. Grazas a súa dedicación e traballo, e facendo fronte aos diversos atrancos que atoparon no camiño, lograron crear e consolidar AIEG.
No seguinte artigo, o noso compañeiro José Antonio Gay fai un percorrido por estes 25 de historia da asociación.