TERCEIRA XORNADA FORMATIVA

Xoves 6 de maio, ás 16:30 horas, celebraremos a terceira e última sesión das xornadas formativas dedicadas á formación a distancia e á protección de datos. Estas xornadas están homologadas pola Consellería por un total de 10 horas de formación.
Nesta terceira sesión trataranse cuestións moi concretas e vinculadas ao uso de plataformas tecnolóxicas para a docencia presencial e en liña, resolvendo cuestións vinculadas ao conflito de dereitos entre intimidade/protección de datos e dereito á educación ou cumprimento das obrigacións derivadas da normativa de educación polos centros educativos. Todo iso chega en forma de conflito á inspección, e tentaremos dar solucións e criterios, o máis claros posibles, para estas situacións que están a marcar a actualidade do sector educativo.
Área privada
Galego